|
|
Songs | Albums | Album Arts
Lyrics:
Non sei por qué, non sei cómo Non sei onde, nin sei cando; Pero entre fusco e lusco Estareite aquí agardando Dime por qué, dime cómo Dime onde, dime cando; Sabes que entre fusco e lusco Estareite aquí esperando
Como un paxaro sen aire Atravesando camiños Vives no teu mundo alleo E foxes do teu destino
Se che canto, non me escoitas; Se te chamo, non respondes Non me colles, nin me deixas; Non me deixas, nin me colles
Quítasme o sono na noite E por moito que che diga Acabas sempre levándome Os soños que prometías
Non me podes ver de preto Nin de lonxe tan sequera Pasas diante dos meus ollos Como se eu non estivera
Non sei por qué, non sei cómo Non sei onde nin sei cando; Pero entre fusco e lusco Estareite aquí agardando
Dime por qué, dime cómo Dime onde, dime cando; Sabes que entre fusco e lusco Estareite aquí esperando
|