Auto Mp3 Tagger
 Artist: A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z 0-9

Download Now!!!

Songs    | Albums    | Album Arts

Song:Pandeirada
Album:PumGenres:Folk
Year:1972 Length:113 sec

Lyrics:

Hoxe na vila temos a feira
tódolos mozos buscan compañeira
veñen facendo á súa maneira
baila rapaza que ti eres solteira

brazos ó vento, meu pensamento
é que non deixes de pandeirar.

Pásase o tempo, non teño diñeiro
todo deixeino bebendo ribeiro
vai ter que ser que me fíe o tendeiro
hoxe só quero escoitar o pandeiro.

miña rapaza está namorada
moza non deixes de pandeirar

vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)

Aínda vén xente polo camiño
vanse sumando a bailar cos veciños
as rapaciñas levan o viño
vanlle ofrecendo o seu son ós veciños

brazos ó vento, meu pensamento
é que non deixes de pandeirar.

Fuxen do mundo as miñas peniñas
cando se move miña rapaciña
e o amoriño que ela me tiña
vaise facendo como a vida miña.

miña rapaza está namorada
vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis).

O tren vai andando pasiño a pasiño
pra San Antón xa temos camiño
e que xeitoso foise o corpiño
seica tamén bailaba o meniño.

Pra que non sofras máis de soidade
pra que non teñas máis de saudade

Hoxe na vila temos a feira
tódolos mozos bucan compañeira
veñen facendo á súa maneira
baila rapaza que ti eres solteira

brazos ó vento, meu pensamento
é que non deixes de pandeirar
vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)




 

Download Now!!!

Copyright © 2020 Zortam.com. All Rights Reserved.   Zortam On Facebook Zortam On Twitter